23/04/2026
Papás e mamás, este reel é para vós 👨👩👧
Moitos pais pensan que non hai que levar os nenos ao dentista ata que teñen todos os dentes ou ata que lles doe algo 👶 Pero hai sinais que non doen e que, se non se tratan a tempo ⏳, convértense en problemas moito máis complexos e custosos na adolescencia ou na idade adulta 🥵
Fíxate nestas 3️⃣ cousas:
1. Respiración bucal 👉 Se o teu fillo sempre ten a boca aberta ou ronca, pode estar afectando ao desenvolvemento do seu maxilar.
2. Ch**ar o dedo ou chupete despois dos 2 anos 👉 Este hábito deforma o padal e xera problemas de mordida que necesitan ortodoncia.
3. Mordida cruzada 👉 Os dentes de abaixo non deben quedar por diante dos de arriba. Se é así, o tratamento interceptivo a tempo pode evitar cirurxía no futuro.
A boa noticia é que todos estes problemas teñen solución, e canto antes se detecten, máis sinxelo e económico é o tratamento 💙⚠️ A primeira revisión recoméndase ao cumprir o primeiro ano de vida
¿O teu fillo xa tivo a súa primeira visita ao dentista? Cóntanos nos comentarios qué tal foi 👇