Boutique Cárnica Celia Abal

Boutique Cárnica Celia Abal Disponible pedidos y entrega a domicilio a través de nuestra cuenta de Facebook e Instagram, así como de nuestro número de teléfono.

Más de 40 años trabajando con carne de primera calidad, especializada en cordero y ternera lechal y nuestro producto estrella: hamburguesas y criollos sin conservantes ��� Llámanos o envíanos un mensaje y te atenderemos con mucho gusto ��

Filete de boi á laranxa 🥩🍊🥦(Receita pensada para 2)Ingredientes:🔸2 laranxas medianas, ben lavadiñas.🔹1 cullerada de acei...
10/11/2022

Filete de boi á laranxa 🥩🍊🥦
(Receita pensada para 2)

Ingredientes:

🔸2 laranxas medianas, ben lavadiñas.
🔹1 cullerada de aceite ou manteiga -ó gusto-
🔸2 filetes de boi de 180g cada un
🔹Sal
🔸Pementa branca recén molida
🔹1 culleradiña de maicena
🔸1 chisco de noz moscada recén raiada.

Tempo de preparación: 15 minutos

Tempo de cocción: 10 minutos aprox.

Pasos a seguir:

🔷 Unha vez lavemos e sequemos ben a laranxa, cun coitelo ben afiado, pelamos unha metade moi moi finiña e extraemos a pel branca, que é amarga e non nos interesa.

🔶 A continuación, cortámola pel en tiras moi finas. Escaldámolas un segundo en auga a ferver, refrescámolas baixo o grifo e deixámolas escorregar ben.

🔷 Mentres tanto, aproveitamos a outra metade con pel para obter uns cantos medallóns que máis tarde nos servirán como decoración. Esprememos as dúas laranxas e conservámolo zume.

🔶 Quentámo-lo aceite ou a manteiga nunha tixola. Freímo-los filetes de 1 a 3 minutos a fogo vivo. Salpimentámola carne e apartámola ben tapadiña nun prato.

🔷 Escorregámo-la grasa da tixola e deslizámo-la maicena no zume de laranxa que verteremos na tixola. Controlámo-la salsa, removendo uns 5 minutos a fogo moderado. Cando notemos que está no seu punto, sazonamos con sal, pementa e noz moscada.

6.Por último, engadimos de novo a carne na tixola xunto coa salsiña que acabamos de preparar e deixamos que quente uns instantes. E xa podemos crear e deseñar os nosos pratos 🤗🍽

Recordade: espolvoreámo-las tiritas da pel da laranxa e decoramos cós medallóns de laranxa 🍊😍

Para acompañar, recomendamos unha torta de pataca - moi sinxela de preparar e sabrosísima - e unhas ramiñas de brócoli salteadas en manteiga 🥔🥦🧈

Os nosos acompañantes sempre veñen de 🍊🥦🥔😋

Unha nova receita, nutritiva, diferente e sinxela para un día que queirades innovar un pouco na cociña e no paladar 😌 xa vedes o rápido que é!

Como sempre, esperamos que vos guste e que a disfrutedes tanto coma nós 🤗🥩✨

Vémonos en no , de luns a sábado de 8 a 15h 🏫🛍🤗

04/11/2022

Boscombe Market, Bournemouth 🛍🏫✨

Este mercado non é tan bonito nin tan organizado como o de Kingston, pero sí é moi especial, xa que alberga o único mercado regular de alimentos frescos na cidade de Bournemouth e solamente abre os xoves e os sábados de 9 a 5 pm.

Dende a súa apertura en 2003, este mercado foi evolucionando, cambiando e crecendo, gracias en gran parte a labor da súa directora local, Carol Butler, co obxectivo de convertelo no barrio de alimentos frescos de Bournemouth.

Nunha entrevista Carol chegou a dicir que “cualquier ganancia se reinvierte en Boscombe. Queremos crecer y ofrecer diferentes días de la semana y traer diferentes tipos de mercados.”

O mercado conta cunha amplia gama de produtos frescos, inda que estes poden cambiar semanalmente, xa que os donos solamente mercan o que consideran mellor. Desde froitas e verduras, pescado fresco, carne y produtos agrícolas, ata roupa, plantas, flores, bolsos, xoias e moito máis, incluida una amplia gama de “comida para llevar” internacional: brasileira, tailandesa, india e una deliciosa variedade de tortas e pasteis.

Por exemplo, Matt The Fish, obtén o seu pescado nunha subasta matutina y solo merca o que considera que é unha boa oferta. Recoméndache cómo se fose para él; pregúntache canto queres gastar; qué pescados prefieres e unha vez escollido, prepáracho ben e incluso ás veces, aconsella cómo cociñalo.

Pero, o tema… que vos pareceu a carnicería ambulante? Nós quedamos abraiadas! Unha gran idea de negocio e algo fresco e innovador no mundo da carne. Dende logo, foi toda unha experiencia.
Andres Pattison, director de AP Meats, dinamizou o noso sector creando estas carnicerías ambulantes e personalizadas.

Esperamos que vos guste o noso tour rapidiño por este mercado tan singular. Cousas a destacar: atopar unha carnicería e unha pescadería e que busquen sempre mellorar e aportar cousas novas.

A ver onde nós toca o seguinte 😌 de momento, xa sabedes onde atoparnos: en Boutique Cárnica Celia Abal, de luns a venres de 8 a 15h, no O Mercado 🏫

Desexámosvos un bonito día coma vós 😍

Bos días, amigxs! 😊Sabemos que onte quedamos en mostrarvos un pouco máis do Mercado de Boscombe en Bournemouth, pero bot...
03/11/2022

Bos días, amigxs! 😊

Sabemos que onte quedamos en mostrarvos un pouco máis do Mercado de Boscombe en Bournemouth, pero botabamos en falta as nosas recetiñas; así que deixámosvos cun pouco de mel nos beizos ata mañá e comezamos 👩🏻‍🍳🤗✨

Medallóns de porco con verduras (para 2 convites) 🥩🍽🥂

Ingredientes:

🔸1Tomate grande
🔹3 cucharadas de aceite de oliva
🔸4-6 medallóns de cerdo de 🔹50-75g cada un
🔸Sal
🔹Pementa negra
🔸1 dente de allo
🔹1 pemento mediano
🔸un chisco de orégano fresco
🔹outro chisquiño de pimentón picante
🔸8-10 aceitunas recheas de pemento

⏰Tempo estimado: 30 minutos

✨PASOS:

🔷 Comezamos co tomate. Facémoslle unha incisión en forma de cruz e escaldámolo en auga fervendo. Metémolo baixo un chorro de auga fría e pelámolo. Dividímolo en 4 e eliminámolas sementes e a parte verde. Cortámolo en dadiños.

🔶 Quentamos ben o aceite nunha tixola fonda. Fritimos os medallóns a fogo vivo 2-3 minutos por lado. Salpimentamos e apartamos a carne nun platiño tapado.

🔷 Botámoslle os dadiños de tomate na tixola e deixámolos cocer a fogo moi lento. Mentres tanto, pelamos o dente de allo e picámolo moi finiño e engadimos os tomamtes removendo ben todo.

🔶 Cortámolo pemento pola metade ao longo; eliminamos pedúnculo, membranas e sementes; lavámolo e secámolo. Primeiro, cortámolo en finas e finalmente en dadiños. Engadímolo cós tomates, removendo ben. Salpimentamos e sazonamos có tomillo, có oregano e có pimentón. Deixe cocer 5 minutos máis a fogo lento.

🔷 Escurrimos ben as aceitunas, cortámolas en franxas e mesturámolas coas verduras. Unha vez feito, xuntamos todo isto nunha tixola cós medallóns de cerdo e deixamos quentar todo no seu conxunto 2 minutos máis.

🪄Suxerencia: podédelo acompañar dunhas pataquiñas e dunha sabrosa ensalada.

Xa sabedes, as nosas hortalizas, frutas e verduras, sempre de Fruteria Pablo y Maria 🥔🫑🍅😊tamén no mercado.

Gracias por estar aí e esperamos que novembro comezase con forza e alegría! 🥰

Aquí seguimos, en Boutique Cárnica Celia Abal, de luns a venres de 8:00 a 15:00, nos postos 7 e 9 do O Mercado ☺️

04/10/2022

🏫 Ancient Market Place de Kingston ou O Mercado Antiguo de Kingston alberga 28 postos permanentes e comercios locais os 7 días da semana, de 10h a 17h. Conta cunha variedade de postos tradicionais, que inclúen unha pescadería, unha froitería, unha panadería, unha floristería e unha diversidade de postos de comida “callejera” con auténticas e deliciosas comidas de todo o Mundo.

💫 Datos curiosos:

🔹Está deseñado estratéxicamente para poder facer concertos, performances e cenas en familia, grupos ou amigxs.
🔸No interior hai unha tenda permanente de arte que promove artistas locais.
🔹Non atopamos carnicería algunha 😂 pero segue sendo un mercado e ademáis un mercado fermoso, como o noso en Pontevedra.
🔸En xeral en Inglaterra hai moita tradición de Mercados, moi valorados e moita defensa do local.

Esperamos que vos gustase a nosa visita rápida polo Mercado Antiguo de Kingston.
A nós encantounos! E como reflexión final, desexamos de todo corazón que se manteña a cultura dos Mercados e do local arredor do Mundo, porque nos achega ao mellor que temos: a vida! Quedarnos có bo de cada lugar e tamén desexamos coñecer máis Mercados polo Mundo e te-la fortuna de compartilos con vós.

Desexámosvos unha feliz semana e xa sabedes, esperámosvos en Boutique Cárnica Celia Abal, nos postos 7 e 9 do O Mercado, de luns a sábados de 8h a 15h 🤗🌻🏫🇬🇧



Gracias por apoiarnos e por estar aí!

Bos días, xentiña!Comezamos a semana recomendándovos unha recetiña 😊Lomo de cerdo con Salsa de cerveza (para 2 persoas) ...
26/09/2022

Bos días, xentiña!

Comezamos a semana recomendándovos unha recetiña 😊

Lomo de cerdo con Salsa de cerveza
(para 2 persoas) 📝🧅🥩🍽

Ingredientes:

-2cebolas tenras
-1cucharada de manteca ou aceite
-2bistecs de lomo duns 180gr cada un
-Sal
-Pementa negra
-1,2l de cerveza
-1 cucharada de crema de leite espeso
-1 cucharada de petit suisse

Tempo aproximado: 20 minutos

Pasos:

🔹Lavámolas cebolas e cortámolas en “rodajas”

🔸Calentámola manteca/aceite nunha tixola e freímolo lomo a fogo vivo durante 2-3 minutos por cada lado. Engadímola cebola e deixamos que se doren un pouquiño. Salpimentámola carne e espolvoreamos o comino. Deixámola carne e as cebolas nun plato tapado.

🔹Botámola cerveza nunha tixola e dámoslle un fervor e engadímola crema e o petit suisse, removemos todo e deixámolo 2/3minutos ata que a salsa esté cremosa.

🔸Sazonámola salsa con sal, pementa e un pouco de comino. Agregamos a carne e as cebolas á tixola e deixámolo quentar.

🔹Et voilá, xa temos un plato sabroso e sinxelo para degustar 😋

🪄Suxerencia: podédelo acompañar de croquetas de pataca ou puré de patacas e unha ensalada 🥗🥔
(Iso sí, de Fruteria Pablo y Maria)🤤

Esperamos que vos guste!

Feliz inicio de semana! 🤗💫

A vosa disposición de luns a sábado de 8:00 a 15:00h en Boutique Cárnica Celia Abal no O Mercado 🏫🛍💫

10/09/2022

Bos días, xentiña 🌞

Como vos tratou o verán? Esperamos que moi ben ⛱☀️👙

Aproveitamos a tregua que nos deu a chuvia este fin de semana para retomar contacto coas redes e desexarvos un remate xenial e tranquilo de estío🪸🐚

Xa sabedes onde atoparnos, en ➡️ Boutique Cárnica Celia Abal,nos postos 7 e 9 no O Mercado
De luns a sábados de 8h a 15h 🥩
Para facer os vosos envíos tamén podedes chamarnos ao 986 86 55 30, MP no instagram ou no Facebook, ou whatsapp ao 679 40 65 92 ☎️🤳🏾💬

¡Esperámosvos! 🤗

Mercados con encanto ✨
24/05/2022

Mercados con encanto ✨

Rematamos esta semana das cun dos versos de Florencio Delgado Gurriarán que nos levan acompañando todos estes días. Falemos a lingua de noso e merquemos o produto de noso 💙

23/05/2022
Hoxe presentámosvos a Lola: a nosa clienta máis antigua.Case 90 anos e aí a tendes, como unha rosa e nós, felices de con...
23/05/2022

Hoxe presentámosvos a Lola: a nosa clienta máis antigua.
Case 90 anos e aí a tendes, como unha rosa e nós, felices de contar con ela, tódolos sábados e toda unha vida.
Lola di que os filetes, sempre de tapilla de croca; para asar, o redondo de ternera ou “llana”; algún que outro día, innovar e para mercar, o mercado de Pontevedra, sen dúbida algunha.

Na foto leva o corazón de espaldilla ou “llana” unha peza moi interesante e non sempre tan valorada. Trátase dunha carne moi tenra -a nós recórdanos un pouco á manteiga- propiedade que a converte nun produto ideal para asados, guisos e que dividida en dúas partes, extraendo o nervio do medio, serve para prepararse á brasa tamén.

Aproveitamos o encontro con Lola para recordarvos que a ternera é moito máis que chuletón, croca ou solomillo e que hai pezas igual de sabrosas esperando a ser cociñadas e degustadas.

Por iso, igual que Lola, animámosvos a cambiar e explorar novos cortes, novas texturas e novos sabores.
Deixámosvos nas historias un pouco máis de información sobre a llana da mán do cociñeiro galego Héctor López.

Esperamos que vos guste e tamén en en

Bo luns e feliz semana! 🥰✨✨

18/05/2022

COPA XUNTA 7s
Mañá temos Copa Xunta no CUVI!!!
37 equipos e mais de 80 partidos de rugby 7!!!

🥐🥯🥞☕️
09/05/2022

🥐🥯🥞☕️

Dirección

C/Sierra, N 5; Puestos 7 Y 9
Pontevedra
36001

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00
Sábado 08:00 - 15:00

Teléfono

+34679406592

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Boutique Cárnica Celia Abal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Consulta Dental

Enviar un mensaje a Boutique Cárnica Celia Abal:

Compartir